Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000669
Clasificación Genérica Pintura; Escultura; Obxectos de devoción
Objeto/Documento Porta de tríptico
Autor/a Atribuido a; Mestre de Sobrado
Materia/Soporte Madeira
Técnica Relevo
Dimensiones Altura = 41 cm; Anchura = 17 cm; Grosor = 1,90 cm
Descripción Pequena táboa de tríptico que debeu formar parte dun pequeno retablo de historias da Paixón de Cristo. A táboa de que tratamos, caracterízanse polo gusto polo veraz e por un patetismo que as dota de gran expresividade, conforme o novo espírito da "devotio moderna".
A parte escultórica ten unha tendencia corpórea na concepción da figura e o particular "pathos" que a alenta, acusando o expresionismo dramático, é fácil de recoñecer no tipo fisionómico da Virxe, así como no seu dominio da posta en escena. A figura, pensada para suscitar a compaixón, é unha "imago pietatis". Totalmente velada, María represéntase de pe, cos pés sobre o montículo rochoso do Gólgota, integrada no marco arquitectónico dun nicho que contribúe a suxerir dous planos e por tanto profundidade. O drapeado, ampuloso e de abondosos pregamentos quebrados, é moi característico do escultor, articulándose de forma rítmica seguindo o movemento de torsión do xeonllo, nun violento contraposto manierista. A "compassio Mariae" plásmase na expresión de dor do rostro, cos ollos entreabertos, e na tensión dramática do xesto.
Mentres, as pinturas das portas no anverso completarían o programa iconográfico ca Anunciación do arcanxo San Gabriel a María.
María está axeonllada lendo a Biblia aberta sobre o reclinatorio. Como consecuencia do pequeno formato da táboa, a técnica é minuciosa, prestando atención á reprodución dos detalles, como mostra a indumentaria e a procura dunha beleza elegante no atavío da Virxe, con colar de doas e tocado de rolo, deixando a fronte despexada. O detallismo da pintura detense tamén nos obxectos do íntimo dormitorio, escenario imposto para o desenvolvemento da escena dende finais da Idade Media, reproducindo o mobiliario común das casas principais da época, da que dan referencia os inventarios particulares. Dáse importancia ao leito con piares de forma clásica e capitel tallado, sostendo o dosel coroado por crestería metálica. Cores e bordados describen a calidade dos almofadóns, cobertores e colgaduras que o recobren, completando o mobiliario a arca de madeira, ricamente decorada a xogo ca cama, e a alfombra de motivos vexetais. Non en van a execución do mobiliario corría ás veces a cargo dos principias escultores e entalladores. O brillante colorido, e a atrevida gama dos vermellos, harmoniza co carácter intimista e cotián da escena.
Iconografia Virxe Dolorosa; Anunciación
Datación 1526=1575
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Clasificación Razonada A vinculación directa do Mestre de Sobrado co núcleo principal de artistas integrantes da escola de Juan de Juni é algo unanimemente aceptado. Así pois, chegaría a España cara a 1533, formando parte do grupo de escultores franceses que se instalan en León en torno a esta data. Os primeiros datos vinculan o Mestre de Sobrado co mosteiro de Sobrado dos Monxes (A Coruña), facendo para a igrexa o retablo maior entre os años 1545 e 1550. Non obstante, a produción deste escultor en Ourense reclama a todas luces un longo establecemento na cidade cun obradoiro.
Esta pequena táboa de tríptico forma parte do traballo desenvolto polo mestre na súa presenza en Ourense. De excepcional calidade debeu ser, a modo de exemplo, un retablo con historias da Paixón que pertenceu a Francisco Rodríguez da Morera, patrón da capela da Alba da catedral, para a que precisamente o Mestre de Sobrado fixo o retablo da Quinta Angustia. Todas estes temas de devoción baseados nos episodios da Paixón de Cristo, dos que participa a táboa de que tratamos, caracterízanse polo gusto polo veraz e por un patetismo que as dota de gran expresividade, conforme o novo espírito da devotio moderna , desenvolvendo temas iconográficos moi difundidos nos Países Baixos.
Bibliografía BARRIOCANAL LÓPEZ, Y. Porta de tríptico do mestre de Sobrado. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 12/2004. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2004_12_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

BARRIOCANAL LÓPEZ, Y. Tabla de tríptico del maestro de Sobrado. Boletín Auriense. Ourense (l): 1993, XXIIIpp. 109-113.

BARRIOCANAL LÓPEZ, Y. La actividad escultórica en Ourense, del Renacimiento al Barroco. Ourense (l): Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Grupo Marcelo Macías, 2016. p. 187, fig. 30.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 150-152; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6